12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Diego Calvo en Val do Dubra: “Hai un antes e un despois neste municipio desde a chegada de Varela á alcaldía”

O presidente provincial do Partido Popular Diego Calvo, aproveitou o acto de presentación de José Manuel Varela Ferreiro como candidato á alcaldía de Val do Dubra para encomiar o traballo realizado polo alcalde popular á fronte do goberno local durante os últimos anos.

“Hai un antes e un despois neste municipio desde a chegada de Varela á alcaldía”, dixo Calvo, quen puxo como exemplo o labor realizado polos populares para poñer en marcha as expropiacións que permitirán a creación do polígono industrial, o investimento de 4,7 millóns en obras, os trámites para a solicitude da residencia de maiores, o viveiro de empresas ou o remanente de tres millóns de euros xerado durante o mandato do PP.

«Pasamos dun municipio paralizado a un alcalde que xestiona»

“En catro anos pasamos do bloqueo á tramitación, pasamos das promesas baleiras aos feitos concretos, pasamos dun municipio paralizado a un alcalde que xestiona” sinalou Calvo.

Tamén se referiu á incorporación de candidatos procedentes de Terra Galega ou dos Independentes:” “Aquí demos un exemplo de xenerosidade á hora de integrar á xente no partido. Abrimos as portas a todas a persoas que quixeron poñer a camiseta do PP e agora toca traballar para, entre todos, conseguir a maioría que se merece este municipio e que se merece o noso alcalde”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos