14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Diego Calvo pide apoiar a Jesús Picallo para poñer fin a un goberno de “bandazos e parches”

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, reclamou unha maioría suficiente para poder poñer punto e final a un goberno de “bandazos e parches”.

Foi no acto de presentación da candidatura do Partido Popular de Cee, onde agradeceu a “valentía” de Picallo por encabezar a lista “unha persoa que ten ganas de devolver a Cee todo o que Cee lle ten dado”.

Calvo salientou que nos últimos anos Cee “perdeu moitas oportunidades por culpa de Gobierno Municipal caduco, sen ideas e sen proxectos”.

Tamén asegurou que as eleccións municipais teñen máis repercusión co propio ámbito municipal:“Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”.

Un goberno de Cee que vende fume

O candidato Jesús Picallo acusou ao goberno da socialista Margarita Lamela de “vender fume” durante catro anos e asegurou que “Cee merécese algo moito mellor, merece xente con novas propostas, con ganas, con ideas, ambición e ilusión e non gobernos personalistas nos que prevalece o comigo ou contra o min”.

En canto ao equipo de persoas que lle acompañan na candidatura, Picallo indicou que se trata de xente “capaz, traballadora, humilde e, sobre todo, boa xente con un único obxectivo que é conseguir a confianza da xente para poder construir un Cee mellor”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos