10.7 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

Ana Pontón: “Moncho volve encabezar a candidatura do BNG porque ama este concello”

A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu en Carnota á presentación da candidatura do BNG que volve a encabezar o ex alcalde Ramón Noceda.

“Moncho volve encabezar a candidatura do BNG porque ama este concello. É unha persoa que quere a Carnota, que leva esta vila na cabeza e no corazón e que é capaz de facer que avance” declarou Pontón.

Referiuse a Moncho ““un candidato que non precisa presentación, ben coñecido pola veciñanza, que foi durante moito tempo o alcalde de Carnota e que volverá selo a partir do 28 de maio”.

Un concello de portas abertas

E manifestou que “Moncho xa demostrou como alcalde que é capaz de darlle a Carnota calidade de vida, servizos públicos, actividade económica, social e cultural. Demostrou que é posible ter un concello transparente, onde todos os veciños e veciñas sexan tratadas por igual, un concello de portas abertas, profundamente democrático”.

A portavoz nacional do BNG puxo en valor a xestión dos gobernos do BNG:”Trátase dun modelo municipal de éxito, que funciona, transformando en positivo, revitalizando o comercio e o tecido económico local, xestionando con eficacia e mellorando a vida das persoas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos