En Zas, a candidata Sheila Rial Mata estivo arroupada polo secretario xeral, Valentín González Formoso, o provincial Bernardo Fernández Piñeiro e pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Formoso destaca o paso de Sheila Rial
Doce anos despois o PSOE volve concorrer ás eleccións neste municipio:
“Sei o difícil que é dar un paso como o que da Sheila nun concello gobernado polo BNG e, polo tanto, para min ten ese tripla valor que nunca esqueceremos os socialistas de Galicia. Un paso adiante a prol da túa vila, a prol dunha ideoloxía que se identifica non só coa Costa da Morte, senón con toda Galicia, co mellor de España e co mellor de Europa que se chama socialdemocracia” declarou Valentín González Formoso.
Acabar coa política rancia, autoritaria e ditatorial
Bernardo Fernández defendeu esta opción fronte a un “proxecto que xa está esgotado” no concello de Zas.
Sheila Rial dixo presentarse para ofrecer oportunidades ós seus veciños “e, sobre todo, preséntome porque quero acabar con esa clase de política rancia, autoritaria e ditatorial que, aínda que pareza mentira, segue habendo”.