9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Ana Pontón agarda un gran resultado nos concellos de Vimianzo e Muxía

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou os concellos de Vimianzo e Muxía para apoiar aos candidatos Benxamín Queiro e Carlos Fernández Concheiro e ás persoas que os acompañan nas candidaturas.


En Vimianzo respaldou a un candidato “que lidera unha candidatura para transformar Vimianzo en positivo, con ideas e propostas para mellorar a vida das persoas”.

Vaticinou que o BNG “obterá un gran resultado o 28M grazas a un equipo de homes e mulleres que non vos poñedes límites porque ides a por todas”.

Propostas do BNG en Vimianzo

Para Pontón, Benxamín Queiro “ten o liderado e o proxecto necesario, indicou Pontón, para aportar servizos de calidade a Vimianzo, completando dunha vez por todas servizos básicos para a veciñanza como a rede de saneamento e a traída de auga a todos os núcleos de poboación do concello, ademais de facer unha aposta decidida pola mellora das prestacións sociais que ofrece o municipio”.


O proxecto do BNG para este concello tamén inclúe o arranxo do entorno do Castelo de Vimianzo, un activo de primeiro nivel para ao sector do turismo e da hostalería; aposta polo tecido económico local promovendo o parque empresarial do municipio e a mellora das infraestruturas do concello apostando pola urbanización e humanización dos espazos públicos.

Ana Pontón en Muxía

Tamén estivo en Muxía para apoiar á candidatura que encabeza Carlos Fernández
O BNG presenta distintas medidas, empezando por un plan integral de saneamento completando tamén aquí a conexión á rede municipal de augas.

Igualmente, aposta por mellorar os servizos socias do concello coa creación dun centro de día, tendo en conta o alto nivel de envellecemento da poboación, mentres que no ámbito económico “hai unha estratexia de traballo para converter Muxía nun referente de turismo cultural e de natureza”.


Finalmente, “a xente moza tamén ten un lugar nas propostas de goberno do Bloque, que pon o foco nas dificultes crecentes da xuventude para conseguir vivenda a un prezo que lle permita pagar os seus salarios ante a auxe dos alugueres turísticos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos