13.2 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

López Varela lidera un proxecto “realista e ambicioso” avalado “por unha xestión eficaz”

José Manuel López Varela leva como alcalde desde 1999. Ostenta unha cómoda maioría absoluta e aspira de novo á reelección. Nesta ocasión lidera “unha candidatura renovada”, e segundo os populares con “xente preparada, implicada co municipio e disposta a aportar traballo, propostas e esforzo para mellorar a vida dos cidadáns”.

Experiencia e ideas renovadas

Sinalan que esta candidatura ten dous avais fundamentais. O primeiro “é o das persoas que forman parte do partido, combinando a experiencia dos máis veteranos coas ideas renovadas dos xóvenes e representando nelas ás trece parroquias do municipio”.

Unha xestión eficaz

E o segundo “é o da xestión eficaz e responsable á fronte do goberno local durante os últimos anos que significou o progreso do Concello a todos os niveis.

Manifestan que “o proxecto do Partido Popular para os próximos catro anos é realista e ambicioso, con propostas que xerarán ilusión e confianza na cidadanía e que pretenden continuar transformando A Laracha entre todos. Coñecemos o modelo de futuro que queremos para A Laracha e, o que aínda é máis importante, levamos anos demostrando que sabemos como levalo a cabo con garantía de responsabilidade, transparencia e eficacia”

A presentación pública da candidatura e do programa electoral dos populares da Laracha será o domingo 7 de maio na Casa da Cultura nun acto aberto a toda a cidadanía. Ás 19,30h.

A candidatura

  1. JOSÉ MANUEL LÓPEZ VARELA
  2. JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ BARBEITO
  3. PATRICIA MARÍA BELLO CANEDO
  4. MARÍA DEL ROCÍO LÓPEZ REY
  5. PABLO CAMBÓN BÉRTOA
  6. JOSÉ ALBERTO BLANCO VEIGA
  7. MARÍA ALMUDENA MARTÍNEZ PÉREZ
  8. VERÓNICA PÉREZ VERDÍA
  9. JUAN CARLOS AMADO COLLAZO
  10. ANA BELÉN RODRÍGUEZ VILAS
  11. MANUEL GARCÍA MONTES
  12. CRISTINA VIEITES CALVO
  13. FRANCISCO JAVIER SUÁREZ LISTE
  14. BEGOÑA DOMÍNGUEZ PATIÑO
  15. DANIEL ALEJANDRO REMUIÑÁN GRAÑA
  16. LUCÍA VARELA RABUÑAL
  17. JOSÉ MARÍA VARELA FRAGA
    Suplentes
  18. ROBERTO MANUEL COTELO GÓMEZ
  19. JESÚS MANUEL RODRÍGUEZ CASTRO
  20. MARÍA PURIFICACIÓN GARCÍA MONTES
  21. MARÍA DEL CARMEN SERRANO FRAGA
  22. SORAYA GARCÍA COTELO
  23. JUAN CARLOS PEREIRA VÁZQUEZ
  24. VERÓNICA GÓMEZ BARREIRO
  25. JESÚS ALEJANDRO ABELENDA POSE
  26. ESTEFANÍA RAMOS MONTES
  27. TORIBIO GARCÍA RODRÍGUEZ

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos