A Casa de Pedra de Camariñas acolle este sábado 29 de abril a presentación da candidatura dos socialistas liderada polo actual alcaldesa Sandra Insua Rial. Será a partir das 20,30h.
Xunto con Insua intervirá o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro.
E o domingo en Zas.
Unha das novidades desta cita electoral é a nova participación dos socialistas nunhas eleccións no concello de Zas.
Este domingo, 30 de abril, desde as 12 do mediodía, no Auditorio de Zas levarase a cabo a presentación da lista que encabeza Sheila Rial Mata.
Estará acompañada polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, polo secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro e pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez.
No partido xudicial de Corcubión, neste último mandato, o PSOE gobernou en tódolos concellos agás no de Zas, onde levaba varias lexislaturas sen presentarse.