10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Iago Toba presentou o seu equipo «humilde, comprometido e cheo de ilusión”

O PSOE volveu a organizar un acto no Pazo Virxe da Barca e repetiu éxito de afluencia.

No multitudinario acto participaron a Deputada e viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo e a Deputada do PSOE no Congreso dos Deputados, Montse García Chavarría.

No evento, Toba destacou que “despois destes duros anos, nos que tivemos que pasar por situacións moi difíciles, sempre mantívenme firme nos meus limites éticos e nos meus principios. Hoxe, comeza aquí unha nova etapa encabezada por un equipo humilde, comprometido e cheo de ilusión”.

«Un pacto entre os candidatos da oposición»

O rexedor tamén quixo sinalar que “esta non é unha candidatura improvisada e sen proxecto como outras, que só teñen o único fin de quitar a este goberno e volver aos malos vicios e a gobernar para só uns poucos”.

“A veciñanza ten que saber que existe un pacto entre os candidatos da oposición para xuntarse e intentar tirar abaixo este goberno, e tamén ten que saber quen están detrás desta manobra que se está argallando incluso antes de que se celebren as eleccións “engadiu.

A candidatura do PSOE de Muxía

1. Iago Toba 
2. Olalla Benlloch
3. Javier Romar
4. Patricia Domínguez
5. Felipe Vilela
6. Nieves Domínguez
7. Nuria Santos
8. Maximino Lema
9. María del Mar Campos
10.  Diego Martínez
11.  Javier Bermúdez
12.  David Ramos
13.  Jessica París
14.  Fran Fidalgo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos