Este sábado o Partido Galego de Santa Comba organizará un acto para presentar ao seu candidato á alcaldía de Santa Comba, Miguel Pérez Fernández.
Será a partir das 9 da noite no multiusos xalleiro. Despois do acto haberá uns pinchos.
Miguel Pérez ofrecía a súa primeira entrevista desta súa nova etapa política na canle de youtube Adiante TV que pertence á plataforma de contidos Adiante Galicia.
Podes ver a conversa aquí
Locais para actos de campaña
No día de hoxe publicábase a relación de locais oficiais para a realización gratuita de actos en campaña electoral, no concello de Santa Comba. Son os seguintes:
A) Salón de actos do Edificio Multiusos.
B)Local anexo á Escola de San Cristobo, sito no lugar de San Cristobo s/n, parroquia de Mallón.
C) Casa da Cultura da Pereira, sita no lugar de Vilar de Arriba, s/n, parroquia da Pereira.
-D) Casa Escola de Vilar de Céltigos, sita no lugar de Vilar de Céltigos s/n; parroquia de Grixoa.
E)Escola das Caselas, sita no lugar das Caselas s/n, parroquia de Santa Comba.
F) Antiga Escola de Ser, sita no lugar de Ser s/n, parroquia de Ser
G) Local Social de Freixeiro, sita no lugar de Freixeiro s/n, parroquia de Freixeiro.
H) Escola de Barbeira, sita no lugar de Barbeira s/n, parroquia de Fontecada.
I) Escola de Fontecada, sita no lugar de Fontecada s/n, parroquia de Fontecada.
J) Escola de Esmorode, sita no lugar de Esmorode s/n, parroquia de Alón.
K) Escola de Castriz, sita no lugar de Castriz s/n, parroquia de Castriz.
L) Escola de Bazar, sita no lugar do Carballal, parroquia de Bazar.