12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O BNG presentou as súas candidaturas en Corcubión, Cabana e Coristanco

O BNG de Corcubión presentou a súa candidatura nun acto que contou coa presenza do deputado no Congreso, Néstor Rego que acompañou na tribuna ao candidato Francisco Xabier Domínguez “Drok”.

Néstor Rego sinalou a importancia de ter un goberno municipal do BNG “que goberne para a maioría da poboación, a través de políticas transformadoras para mudar, en positivo, a vida da xente”.

Drok foi o encargado de presentar unha candidatura onde destacou a experiencia de Xosé Lois Lado, actual portavoz na corporación, e Pilar Tubío, coa incorporación de persoas do tecido asociativo, como Francisco Santiago e María Bella.

Ao proxecto súmanse tamén por primeira vez, Juan Carlos Cristino, Inés López, Carmen Monteagudo e Manuel Pérez, e volven a formar parte da lista Alex López, Serxio Iglesias e Francisco Martínez.

Tamén se incorpora un gran número de xente moza como é o caso de Jon Moret, Adriana Balufo, Irene Martínez, Marta Santiago, Soraya Rodríguez e Rubén Castillo.

En Cabana

Tamén se presentou a pasada fin de semana, nun acto en Canduas, a candidatura que encabeza Tatiana Rellán en Cabana.

Rellán interveu xunto co concelleiro David Cancela e co deputado Daniel Pérez.

Xunto con ella ocupan os primeiros postos na lista Sandra Redondo, Marcos Lois, e Alba Villar.

Coristanco

Outra presentación tivo lugar no Verxel de Bergantiños, coa presenza de Xosé Regueira. Acompañan a Xosé Antonio Andrade nos primeiros postos, Xesús Manuel Brandón Fernández, Laura Mariño Taibo, Fina Bastón Ousinde, Marcos Barca Rabuñal e Marga Torreira Pérez.

Este venres en Ponteceso

Este vindeiro venres 21 de abril será a presentación da candidatura do BNG en Ponteceso.Desde as 20,30h na Casa dos Veciños do Couto.

Intervirá Miguel Pose Amado (número 2), Xosé Regueira (Vicepresidente da Deputación) e Fátima Rodríguez Gonzálvez, candidata á alcaldía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos