Segue actualidade electoral no noso Telegram https://t.me/adiantediario
Presentación candidatura do BNG en Coristanco
Este venres 14 de abril terá lugar a presentación da candidatura do BNG de Coristanco. Ás 21h no edificio de servizos múltiples. Intervirá o candidato Xosé Antonio Andrade, a número 3 Laura Mariño e o Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. Tamén haberá unha regueifa coas “Pataqueiras”.
Presentación candidatura do BNG en Santa Comba
Este venres 14 de abril o Restaurante Leandro acollerá o acto de presentación da candidatura do BNG de Santa Comba, desde as 21h.
Xunto co candidato, Juan David Sixto, intervirán os alcaldes de Carballo e Zas, Evencio Ferrero e Manuel Muíño.
Acto en Corcubión
En Corcubión tamén se presenta este venres a candidatura do BNG encabezada por Francisco Xabier Domínguez, “Drok”, que estará acompañado polo deputado no Congreso, Néstor Rego.
O acto comenzará ás 20h, sendo presentado por María Bella. Darán a coñecer a lista completa neste municipio. Na Casa da Cultura.
Recentemente visitaba a vila de San Marcos a portavoz nacional , Ana Pontón, que vaticinaba «un resultado histórico en Corcubión».
FOTO- BNG CORISTANCO