Foto- Víctor Mira
O actual portavoz municipal, Xosé Manuel Pose Lema, volverá a encabezar a lista do BNG no concello de Laxe.
Candidatura do BNG en Laxe
Unha candidatura integrada por Xosé Manuel Pose Lema, Cristina Vázquez del Prisco, Isabel María Toja Toja, Roberto Javier Vidal Vidal, Virginia Allo Fuentes, Plácido Celestino Vidal Allo, Emma Paz Cibrán, Manuel Anxo ÁlvarezAmado, Juan Manuel Toja Lema, Noelia Cousillas Devesa, María Elena Cousillas Tedín. Como suplentes, Teresa Varela Pose, Francisco Javier Mira Rodríguez, Antonio González Lema e Carlos Aldariz Toja.
Entre as prioridades do BNG figuran a Limpeza das rúas, servizos públicos, resolver o problema da praia e apostar polos sectores da pesca e do turismo.O Bloque defende un Laxe máis social, máis eficiente e con máis participación veciñal.
Declaracións de Pose Lema
“Temos unha gran candidatura que combina experiencia e renovación, preparada, formada e con moitas ganas de traballar para facer de Laxe un concello mellor, capaz de aproveitar todo o seu potencial e de avanzar. Teño a responsabilidade de encabezar unha candidatura de homes e mulleres que imos dar o mellor de nós para sacar Laxe adiante e para que este concello despegue e acade o lugar que merece dentro da Costa da Morte” declarou Pose Lema.