8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Eleccións 18F. Galicia vota este domingo

Esta noticia estará en permanente actualización durante toda a xornada electoral deste domingo 18 de febreiro.

Domingo 18 de febreiro de 2024

17,10- SEGUNDO AVANCE – Galicia: Sube a participación un 6,19% con respecto a 2020.

En 2020 votaron ata as 17,00 un 42,97%. No 2024 a porcentaxe chegou a 49,16%

A Coruña- Sube a participación un 5,71% con respecto a 2020.

En 2020, na provincia, votaron ata as 17,00 un 42,97%. No 2024 a porcentaxe chegou a 48,57% un 5,73% máis

14:25-

Manuel Fuentes Lamas (Vox): «Ya he votado. Ya he contribuido con mi voto a lograr la Galicia a mejor que merecemos todos los gallegos.Haremos historia. Entraremos en el Parlamento y la prosperidad y la libertad se abrirán camino de nuevo en nuestra tierra».

14:20.

Marta Lois (Sumar Galicia): «As galegas e galegos decidimos hoxe o futuro do noso país. Temos que encher as urnas de ilusión e alegría para abrir unha nova etapa transformadora e valente».

13,24

Isabel Faraldo(Podemos Galicia): «Estou convencida de que se as galegas e galegos imos masivamente a votar, Alfonso Rueda sae da Xunta e voz de Podemos Galicia»

13:20-

Primeiro Avance- Nas eleccións de 2020 votaron ás 12 do mediodía un 18,79%. Nesta ocasión levamos un 16,73 un 2,06 menos.

13,00h- Menos participación no Primeiro Avance

Primeiro Avance: Baixa a participación con respecto ás eleccións de 2020. Naquela convocatoria votou un 19,42% (433.899 votos). Nesta ocasión votaron uns 379.545, un 17,12%. Un 2,31% menos que fai catro anos.

Gómez Besteiro: «Despois dunha campaña moi propositiva, animo aos galegos e galegas a participar nun día histórico para o noso país. Teño moi boas vibracións. Participade, votade, que se escoite a vosa voz para que Galicia avance».

Alfonso Rueda votou en Pontevedra: «Os momentos importantes hai que compartilos coas persoas importantes. Anímovos a todos a votar con sentidiño para que Galicia siga sendo Galicia».

«.

10:45-

O Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu nunha primeira rolda de prensa na que confirmou a apertura de todos os colexios electorais de Galicia.

Houbo incidencias en colexios electorais de Vigo, Culleredo ou Boqueixón pero tratouse de “atrasos” na apertura por falta de membros ou por problemas de acceso os recintos. Todo quedo solucionado.

Villanueva avanzou que este domingo coñeceremos o dato de participación do voto C.E.R.A., que se recontará a partir do 26 de febreiro.

10:00– A primeira candidata en votar foi Ana Pontón, do BNG. Votaba no CGAC de Santiago ás 9,30. O resto dos candidatos votarán entre as 11 e as 12,45h.

Ana Pontón asegurou estar «moi tranquila» e pediu unha «mobilización masiva» dos cidadáns para exercer o seu dereito ao voto.

10:00h- Nos colexios electorais da provincia da Coruña hai 10 opcións: PPdeG, BNG, PSdeG-PSOE, Sumar Galicia, Podemos, Espazo Común Galeguista, Vox, Pacma, Escanos en Branco e Por un Mundo Máis Xusto.

9:56- Están constituídas todas as mesas. Un total de 3.951, das cales 1.543 pertencen á provincia da Coruña.

Arrancou a xornada electoral coa constitución e a apertura das mesas electorais. Pódese votar ata as 20,00h.

SÁBADO- 17 DE FEBREIRO

VOTO POR CORREO 2024- 58.903 votos por Correo. Na Coruña emitíronse 22.725 votos, en Pontevedra 18.980, en Lugo 8.758 e 8.840 en Ourense.

Estes foron os resultados electorais das eleccións autonómicas de 2020 en Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos