8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Alfredo M. González: “Apostar por Sumar é cambio seguro”

Alfredo Manuel González López, integra a promotora e a candidatura coruñesa de Sumar Galicia, o partido de Yolanda Díaz.

Considera que é necesaria a alternativa de Sumar: “Temos un país paralizado cun goberno que está en coma. E a oposición foi bastante tibia”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas convidou a ler os programas electorais e defendeu as propostas “transversais” do seu partido.

Propostas de Sumar Galicia

Propoñen a creación de residencias comarcais públicas, o apoio a entidades sociais, dando moita importancia á saúde mental, e a creación dunha empresa pública de autobuses con máis rutas.

González, veciño de Corcubión, está contento de que se recollera no programa a proposta do deputado republicano Pepe Miñones do Tren das “3C” Coruña- Carballo-Corcubión.

Ten a sensación de que en “Galicia haberá cambio e vai estar Sumar Galicia, haberá un goberno progresista a tres”.

“Apostar por Sumar é cambio seguro tanto no goberno como nas formas de facer política. Somos a garantía de que os acordos se cumpran”.

Destaca a experiencia e goberno da candidata Marta Lois.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos