11.9 C
Santa Comba
sábado, febrero 17, 2024

Adrián Abuin: “Hai que volver a biodiversidade do monte galego»

Adrián Abuin ocupa o segundo posto na candidatura do PACMA pola provincia da Coruña. Comenta que a súa formación traballa “en beneficio das persoas e dos animais máis necesitados”.


Considera que os anos de “rede clientelar” do PP non foron positivos: “A xuventude non pode quedar e emigra contra a súa vontade. Hai un problema de aluguer e tamén de illamento dos nos maiores con falta de recursos públicos asistenciais, de transporte ou de estradas”.


Nunha entrevista en Radio Xallas criticou tamén o papel da oposición parlamentaria que non se ocupa dos “problemas de raíz” e “teñen unha oposición conservadora e non arriscan nin ven políticas a longo prazo”.

Apoio ás protectoras de animais


Unha das propostas do PACMA (Partido Animalista con el Medio Ambiente) é a protección do monte galego: “Os montes non arden por casualidade” e hai razóns importantes como “o abandono do corpo dos bombeiros e o monocultivo”.


Estiman que hai que volver “a biodiversidade” destes espazos e protexer “as nosas costas e os nosos espazos naturais”.


Demandan máis apoio para as entidades protectoras de animais que están abandonadas cunha “criminalización e persecución a base de multas os voluntarios” que realizan distintas accións.


“Non se pode masacrar a todo animal que estorbe” manifesta Adrián Abuin que pide a protección da fauna salvaxe xa que “ os animais non son os inimigos e teñen que ter o seu espazo”.

Para escoitar a entrevista, a partir do minuto 53 deste enlace

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos