7.1 C
Santa Comba
miércoles, febrero 28, 2024

Marina Fernández: ”Aspiramos a dar voz ós olvidados”

A cabeza de lista de Por Un Mundo Máis Xusto pola provincia da Coruña asegurou que o obxectivo do seu partido “é poñer ideas sobre a mesa para construír unha Galicia máis xusta”.

Crítica construtiva e propostas

Sobre a situación da comunidade expresou a súa preocupación “pola situación das persoas máis vulnerables” ou pola “falta de médicos” e lamentou que as políticas do goberno do PP “non están poñendo ás persoas no centro”.

Marina Fernández Delgado aclara que PUM+J non “busca a crítica destrutiva” e bota en falta na oposición política “un tono de voz máis amable e de propostas”.

“Aspiramos a dar voz ós olvidados” engadiu a candidata nunha entrevista en Radio Xallas, na que incidiu na necesidade de recuperar postos de traballo da sanidade pública, favorecer o alugueiro social, unha banca solidaria, ou maior apoio para os programas de desenvolvemento e o traballo das ONG´S.

Outras propostas están dirixidas o mundo rural como a mellora do transporte público, internet, centros de día ou “fixar prezos mínimos para os produtos agrarios”.

Definiu a Por Un Mundo Máis Xusto como “un partido de persoas con valores”.

Marina Fernández en Radio Xallas

Podes escoitar a entrevista con Marina Fernández desde o minuto 83.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos