16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Álvaro Rodríguez: «Alfonso Rueda saíu reforzado e Ana Pontón demostrou ser a alternativa”

DebateCRTVG. O politólogo e escritor Álvaro Rodríguez Núñez valorou o debate no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas e destacou tanto a intervención do candidato do PP, Alfonso Rueda como da aspirante do BNG, Ana Pontón

Para Rodríguez o debate tivo dúas fases. A primeira “cun debate confuso, aburrido e peliculeiro” e “a partir da segunda metade sendo un debate de verdade” onde “o máis destacado foi a confrontación entre Alfonso Rueda e Ana Pontón e o máis negativo as macropropostas que se fixeron”.

Alfonso Rueda «forte, realista e sensato»

“Alfonso Rueda estivo ben, Ana Pontón demostrou ser a alternativa e Besteiro ni fu ni fa” resumiu o analista.

En relación a Alfonso Rueda pensa que “saíu reforzado” deste debate e amosouse como “un presidente forte, realista e sensato”.

Pensa que non ten “espontaneidade” cómo Feijóo pero “fíxoo ben tendo que responder a catro e defender a súa xestión” no mesmo espazo.

Ana Pontón con «ganas e capacidade»

Considera que a candidata do BNG, Ana Pontón, demostrou ser “ a alternativa” con “ganas e capacidade”

Sobre Xosé Ramón Gómez Besteiro pensa que fixo un discurso “de manual e de Ferraz” e que “ non estivo á altura” incluso con momentos “surrealistas” e un papel “frouxo”.

Tampouco lle deu moito mérito o papel de Isabel Faraldo (aínda que destacou a súa “enerxía”) e de Marta Lois, das que dixo que eran respectivas fotocopias de Pablo Iglesias e Yolanda Díaz.

Podes escoitar a valoración completa de Álvaro Rodríguez a partir do minuto 30.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos