9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Paula Prado: “O PP está pegado ós problemas da xente”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia afirma que as eleccións do 18 de febreiro son “unha cita moi ilusionante que afrontamos con moita responsabilidade” e co obxectivo de “seguir gobernando Galicia” facendo “unha campaña en positivo”.

Paula Prado lembra que “cumprimos o 95% do programa electoral de 2020” e agora “temos un programa electoral realista con 870 medidas. Non queremos enganar a xente e ofrecemos medidas executables”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas advertiu que “a realidade é máis complicada que as falsas promesas de BNG e PSOE”.

Considera que o PP chega ós comicios en boa situación:”Temos unha maquinaria moi potente, un balance de xestión e unha folla de servizos que presentamos os cidadáns”.

“É moi importante que a xente vaia votar, non está todo feito”

Pero todo depende do voto:”É importante que a xente vaia votar , non está todo feito. Todo o que non sexa votar ao PP é un goberno multipartito liderado non sabemos por quen. A alternativa é o que vemos en España, a chantaxe de partidos minoritarios.Quen goberna España é Puigdemont, e nós queremos evitar iso en Galicia”.

Paula Prado considera que a estabilidade é algo fundamental:Non queremos que en Galicia haxa as incertezas e a inestabilidade de España. Nós damos solucións e non xeramos máis problemas. Somos máis de diálogo que de pancartas e ruído”.

Referiuse a problemática dos microplásticos: ”A esquerda fíxolle moito dano a xente do mar por interese electoral. Nós defendemos os nosos produtos do mar”.

“Somos máis de diálogo que de pancartas e ruído”

Pero apelou á intelixencia dos cidadáns:”Os galegos non son parvos e saben quen lles dí a verdade e quen minte”.

Defende ao Partido Popular como “o partido que está pegado ós problemas da xente” e citou medidas como o compromiso da matrícula gratuíta universitaria ou medidas como o Bono Deporte e Bono Dependencia, ou tamén as axudas para incorporación de xente moza as explotacións agrarias”.

Prado comparou o PP “que vai defender os intereses de Galicia por riba de todo” coa postura do PSOE e os seus socios que “condonan a débeda dos cataláns para deixarlle a cada galego unha débeda de 400 euros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos