O candidato socialista, Nicolás González Casares, pediu desde Radio Xallas o voto para o Partido Socialista porque “somos a voz pero tamén a influencia de Galicia en Europa”.
Valorou o seu papel como eurodeputado:”Eu fixen as cousas pensando en Galicia. Calquera pode ver o que lexislei eu e o que fixeron os demais”.
Presume de aprobar a Lei de Restauración
Tamén referiuse á controvertida Lei de Restauración:
“Presumo de ser o único deputado galego que votou a favor da Lei de Restauración da Natureza. Esta lei vai ser moi importante para recuperar territorios degradados”.
González Casares criticou a “nefasta planificación da Xunta no eido eólico” e propuxo que “haxa participación pública nos espazos pero tamén nos beneficios”.
Reivindicou ao PSOE como “un muro de contención do modelo da ultradereita” e como a mellor opción e “traemos resultados”.
“Galicia necesita re industrializarse e participar na transición ecolóxica, cun sector produtivo que ten que ser máis forte na Unión Europea. Temos que conectarnos con Portugal pero tamén con Europa”.
Sobre a PAC, o candidato socialista asegura que “esta PAC é moi beneficiosa para as explotacións sen grande base territorial”.