A candidata do Partido Galego, Olga Dourado, reivindicou unha “voz propia” de Galicia e ao Partido Galego como “fío condutor” das demandas do país.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas defendeu a necesidade de potenciar o patrimonio de Galicia e criticou que a PAC e a PPC “son políticas moi burocratizadas”.
Sobre a Política Agraria Común opina que “hai que facer unha transición pero desde os sectores implicados non desde os despachos. A PAC actual xa non é efectiva”.
Dourado propón “valorizar o noso potencial enerxético pero cun retorno dos parques eólicos para a comunidade”. Tamén avogou polo concepto da euro rexión e expresou o seu rexeitamento ao proxecto de Altri.
Pola súa banda, o secretario xeral do Partido Galego, Miguel Míguez, fixo fincapé en que “é a primeira vez na historia que unha forza de país se presente coas súas propias siglas”.
Sinalou que o obxectivo é “ofrecer a posibilidade de exercer un voto galeguista e dar a coñecer a nosa organización”.
Desde o Partido Galego tamén destacan a presenza de varios candidatos da zona.