Ana Miranda destacou “a defensa intensa dos sectores produtivos” realizada na última lexislatura europea e o traballo desenvolvido a prol da flota artesanal, do recoñecemento do marisqueo, das normas de seguridade marítima ou da PAC.
“Levamos a máis de 5.000 persoas de todo o país a que falaran en Europa. Se o BNG está en Bruxelas, imos a defender os temas do país. Senón, ninguén falará de nós” manifestou nunha entrevista en Radio Xallas. Lembrou as xestións do BNG en apoio ós emigrantes retornados, os afectados polas Preferentes ou as vítimas do accidente de Angrois.
«Hai que poñer os recursos en beneficio da xente»
Sobre a Política Agraria Común(PAC) apela a que se “remate coa burocracia e haxa outra distribución das axudas que pague por producir non por ter terras”. Ana Miranda quere “pelexar” en Europa en materia de vivenda, comunicacións e transporte e tamén no eido eólico “xa que Galicia está sendo espoliada e hai que poñer os recursos en beneficio da xente”.
Unha das preocupacións da candidata é “o avance da ultradereita”. Con respecto a pertenza do BNG na coalición Ahora Repúblicas con EH-Bildu e Esquerra Republicana “O PP ten unha alianza con Bildu na Deputación de Álava mesmo brindaron con champan e acaban de aprobarlle unha lei” “Imos nunha coalición porque non nós queda outra sinceramente.
Imos nunha circunscrición estatal nunha candidatura conxunta con outros partidos de esquerdas”. Asegurou que ela “será eurodeputada de Galiza” e que a súa será “unha voz galega sen dobrar, e vou a defender á xente traballadora e non os lobbies”.