15.4 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Ampla representación de Xallas e Bergantiños na candidatura do Partido Galego

O Partido Galego preséntase ás eleccións europeas en solitario nunha candidatura “100% galega” encabezada por Olga Dourado González.


A candidatura inclúe a cinco persoas de Santa Comba: Montse Almozara, Elvira Turnes, Cristina Barcia, Anxo Ares e Ana Lucía Barcia.


Tamén hai unha ampla presenza da comarca de Bergantiños, cos concelleiros do partido en Ponteceso Juan Vidal Torrado (número 2 da candidatura) e Raquel Fondo ou a carballesa Patricia Rodríguez Cruz.


A candidata Olga Dourado e o secretario xeral do PG, Miguel Míguez visitaron este mércores a localidade de Santa Comba, onde, entre outras cousas, gravaron unha entrevista en Radio Xallas, que será emitida o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 12 do mediodía.


Desde o Partido Galego explican que os seus eixos fundamentais son o galeguismo, o rural e o ecoloxismo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos