9.9 C
Santa Comba
lunes, diciembre 23, 2024

“Sumar presenta unha oferta transformadora, que aglutina a toda a xente realmente progresista”

O candidato “galego” Juan Díaz Villoslada, reivindicou a Sumar como “a forza que ten capacidade para transformar a vida de moita xente” e que “presenta unha oferta transformadora, que aglutina a toda xente realmente progresista”.

Diferenciou esta opción con respecto a outras das esquerda: “Non estamos na liña das formulacións do BNG que son máis soberanistas” e dubidou do progresismo dun PSOE que en Europa apoia o pacto de migración e asilo ou “a volta ás regras fiscais”, e forma parte “dunha Gran Coalición” xunto con liberais e populares que “están abrindo a porta ás forzas máis ultra conservadoras”.

Nunha visita á emisora Radio Xallas para participar no programa “Na Encrucillada” explicou que “nos temos unha formulación altamente europeísta e moi internacionalista, cunha visión laborista”.

Villoslada en Radio Xallas

Defendeu o Pacto Verde Europeo:”Estamos diante dunha crise climática evidente se queremos construír unha Europa máis verde e máis sostible ten que haber obrigas ambientais con compensacións, non é incompatible coa actividade gandeira”.

Nunha comarca agraria referiuse á PAC: ”Hai que cambiar o modelo obsoleto de axudas da PAC e dar mellores posibilidades ós produtores e o rendemento que teñen as grandes corporacións ten que repercutir no gandeiro”.

Díaz Villoslada advirte que en Europa “hai un risco de regresión democrática” e pide o voto para Sumar que no goberno do estado “levou a cabo políticas importante como o aumento do SMI” ou o recoñecemento do estado de Palestina.

“Europa ten moito máis poder de decisión do que pensamos. É importante que Galicia teña capacidade de levar a súa voz” afirmou , lembrando a relevancia da UE en temas como a industrialización, as conexións ferroviarias, os dereitos sociais, o medio ambiente ou a problemática eólica.

Entrevista a Juan Díaz Villoslada- Desde o minuto 25

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos