11.3 C
Santa Comba
lunes, junio 10, 2024

Alberto Romar considera necesaria “unha reflexión profunda” no PSOE

Despois das eleccións convén analizar. Aínda que na maioría dos casos a autocrítica queda só nun exercicio de escapismo na noite electoral, ou nunha palabra que queda bonita nunha intervención.

Terra do Xallas foi un exemplo de trunfo aplastante do Partido Popular cun 62,5% dos votos.

«Malos resultados»

Preguntado polos resultados en Radio Xallas, o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, non escorreu o bulto e sinalou que os “malos resultados” convidan a unha “reflexión profunda” e considera que a campaña electoral foi “mellorable” tanto a nivel local como autonómico.

Pero situou precisamente na cúpula, a necesidade da autocrítica e da análise: ”Os que mandan no PSOE terán que analizar porque temos tan baixa representación e facer un equipo potente para competir en igualdade de condicións co Partido Popular dentro de catro anos”.

Romar diferenciou a opción dos veciños en cada proceso electoral, sendo diferente e non extrapolable, como é lóxico, unhas eleccións municipais, autonómicas, xerais ou europeas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos