10.8 C
Santa Comba
miércoles, febrero 19, 2025

“A xente transmitíanos o seu apoio e que non querían aventuras”

O deputado Rubén Lorenzo Gómez agradecía “o apoio maioritario” recibido polo Partido Popular. Xa o pasado venres en Radio Xallas expresaba o seu optimismo por uns resultados que se confirmaron este domingo.


“A campaña electoral do Partido Popular intentou involucrar á xente, con actos, repartos e pedindo o voto cara a cara. A xente transmitíanos o seu apoio e que non querían aventuras, nin liortas que era o que lle ofrecía a outra alternativa”.


Lorenzo pensa que os cidadáns “souberon valorar o traballo feito durante quince anos polo PP” e destaca a importancia da cercanía:”É distinto cando se afronta unha campaña desde un despacho a cando se fai na rúa, eu estaba convencido de que os galegos ían apostar polo sentidiño”.


“Temos un mapa tinguido de azul” afirmou o político carballés que desde a emisora xalleira quixo destacar “o resultado extraordinario en Santa Comba e na Terra do Xallas”. Tanto en Santa Comba como en Mazaricos os populares chegaron a obter un 62,5% de apoios.

Declaracións de Rubén Lorenzo en Radio Xallas minuto 52

Paula Mouzo: ”Non imos defraudar”

O Partido Popular obtivo 13 escanos pola provincia, se ben coa incorporación de conselleiros ao goberno de Alfonso Rueda haberá un corremento da lista que provocará renuncias e a elección de novos deputados.

Nesa lista (posto 14) figura a camariñá Paula Mouzo Mas, que á primeora candidata do PP polo partido xudicial de Corcubión.

“Estou feliz e agradecida” declarou. Destacou a vitoria no conxunto da comarca (gañaron en tódolos concellos excepto Corcubión). Confesou que foi “unha campaña intensa” na que “conseguimos a confianza da xente”.

Paula Mouzo trasladou esta mensaxe a veciñanza da zona: “Que a Costa da Morte teña por seguro que non imos a defraudar. Asumimos esta clara victoria con responsabilidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos