Os electores galegos outorgaron unha nova maioría absoluta ao Partido Popular, a primeira de Alfonso Rueda como líder da formación.
A falta de contabilizar os 30.000 votos do residentes ausentes, o PP obtivo 40 escanos (dous menos que en 2020).
Somos un BNG fortalecido, con máis ganas e máis empuxe que nunca para seguir defendendo este País.
— Ana Pontón (@anaponton) February 18, 2024
Grazas a todos e todas as que confiades en nós 💙 pic.twitter.com/dndujdKsZM
Estes resultados non deron opción á alternativa de esquerdas liderada por un BNG que creceu pero non logrou o seu obxectivo de que Ana Pontón presidira o goberno galego.
Os nacionalistas pasaron de 19 a 25 escanos consolidándose como segunda forza política ante un fracaso estrepitoso do PSOE e de Xosé Ramón Gómez Besteiro que non chegou ao 15% dos votos e perdeu 5 escanos, quedando tan só con 9 representantes na cámara autonómica.
Unha das novidades foi a entrada de Democracia Ourensana no Parlamento con Armando Ojea.
Fracasos da noite electoral
Na noite electoral houbo máis fracasos. Tampouco Vox logrou representación nin crecer, xa que se mantivo nun 2,19% e queda lonxe do 5% necesario.
Lonxe tamén quedou Sumar Galicia, o partido de Yolanda Díaz, que non chegou ao 2% (1,89%) e Podemos Galicia que sumou un 0,26% dos votos, quedando por debaixo do PACMA, que colleitou o 0,36%.
Espazo Común Galeguista de Pachi Vázquez obtivo un 0,10%, sendo a penúltima opción de todas as que se presentaron.