Rubén Lorenzo: “O único obxectivo que ten é que non goberno do Partido Popular. Non teñen plan e ofrecen un relato catastrofista”.
“O PP quere seguir traballando por Galicia”
O candidato do Partido Popular de Galicia e deputado durante a última lexislatura, Rubén Lorenzo, pide o voto:“Hai moito que mellorar, pero o PP ten unha folla de servizos e quere seguir traballando”.
Unha opción coñecida fronte a unha alternativa “que o único obxectivo que ten é que non goberne o Partido Popular. Non teñen plan e ofrecen un relato catastrofista”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas recriminou que “levan toda a lexislatura falando dunha Galicia escura e desmantelada, non están pegados o territorio”.
O político carballés reivindica a “folla de servizos” dos gobernos presididos por Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda.
Sobre a Sanidade pública de Galicia
Unha das críticas máis grandes da oposición foi en relación a sanidade:
“Somos conscientes de que hai mellorar pero non coincidimos coas mensaxes catastrofistas de que hai un desmantelamento da sanidade pública. Nos orzamentos temos 1.400 millóns de euros mais do que investían o PSOE e o BNG durante o bipartito”.
Considera que “destinados máis cartos e mellor investidos. A sanidade ten un problema de médicos pero tamén depende do goberno do estado sacar máis prazas”.
Folla de servizos do Partido Popular
Rubén Lorenzo puxo en valor a creación de Casas do Maior, os impostos 0 no rural, o apoio ao emprendimento e os autónomos, ou a lei de recuperación de terra agraria “que é unha ferramenta vital”.
Afirmou que o PP estaba co rural e dixo que traballaba a carón dos gandeiros, e dixo recoñecer o malestar existente “xa que temos un problema coa lexislación europea que non está pegada á realidade e queremos que non prime esa ideoloxía do ecoloxismo radical”.
Insistiu na necesidade de que o Partido Popular teña unha maioría absoluta “ xa que a outra opción é barullo e leas”.
“ O BNG estivo apoiando as manifestaciósn de apoio os presos de ETA”
Desde os micrófonos de Radio Xallas, avogou pola “estabilidade e a seguridade” denunciando o extremismo do BNG:
“Cando se lles abre o seu programa enfádanse. Representan o independentismo radical aínda que nos queiran enganar cunha imaxe de moderación. O BNG estivo apoiando as manifestacións de apoio os presos de ETA, e en Europa pertencen ao mesmo grupo que Bildu e Esquerra Republicana”.
Pensa que “Votar Vox é votar ao BNG” e achega unha reflexión:”Se todos os votos de Vox estiveran no PP estaríamos gobernando a Deputación da Coruña”.
Compromiso coa Costa da Morte
Destacou a aposta de Alfonso Rueda pola Costa da Morte pola presenza de diferentes candidatos como Paula Mouzo, Daniel Remuiñán, Sandra Vilela, Noelia Santos ou el mesmo.
E polo compromiso por actuacións como a Vía de Alta Capacidade:”Eles colocaron tres primeiras pedras e o PP fixo 27 quilómetros de autovía sen peaxe e imos a seguir ata Vimianzo”.
Lembra que o programa electoral do PP no 2020 cumpriuse nun 90%: “Temos un programa con 870 medidas cuantificadas e testadas. Non vimos a prometer imposibles”.
Entre as medidas que prometen está “seguir rebaixando impostos· atencións ós maiores, actuacións no campo da saúde mental, mellor educación ou servizos públicos de calidade.