Xosé Luís Rivas “Mini” foi o penúltimo candidato en visitar os estudios de Radio Xallas na programación especial da emisora xalleira.
Despois de dúas lexislatura como deputado pecha a candidatura que lidera Ana Pontón na nosa provincia. Curiosamente os dous estiveron “Na Encrucillada”.
“O PP cumpriu o seu ciclo”
Pensa que ó momento do cambio:” Temos un país peor, máis deteriorado, o proxecto do PP está acabado e cumpriu o seu ciclo. Non teñen nada que ofertar a este país”.
“Hai que xestionar o territorio, producindo”
Considera que os populares abandonaron ao medio rural:” O futuro do medio rural ten que ser distinto. Hai que xestionar o territorio producindo, Temos que transformar e ser soberanos alimentariamente. Galicia pode producir máis e a mellores prezos, pero temos que ter outros mecanismos”.
Falou da cuestión eólica e explicou o compromiso do BNG: ”Imos sentarnos a planificar o sector eólico en Galicia. A enerxía é necesaria pero ten que ter un beneficio social, económico e un respecto medio ambiental”.
Mini lamenta a actual situación: “Non podemos ter problemas coa enerxía sendo excedentarios. Aquí estamos falando de espolio eólico”.
Facer efectivo o autogoberno
Na entrevista tratáronse outros temas como a relación de Galicia con España: ”Somos unha parte da península ibérica que está integrada no estado español e que ten unhas singularidades especiais”.
Necesítase “facer efectivo o autogoberno”: Que problema ten que coidemos da nosa casa?. Temos que falar do noso porque non podemos estar pagando o pato sempre.
Rivas avogou por “racionalizar o monte” e tamén controlar a fauna salvaxe:”Se queremos ter logo hai que pagalo, pero non a conta dos gandeiros”.
Unha prioridade para un hipotético goberno de Ana Pontón sería “o deterioro brutal da sanidade”. Pide o voto para o Bloque, valora o talante e a firmeza de Ana Pontón: ”Temos unha oportunidade de ouro para facer unha mellora necesaria no país.