A cabeza de lista de Espazo Común Galeguista pola provincia coruñesa, Luísa Feijoo, pediu o voto para un partido situado no “centro galeguista” e procedente do municipalismo que “coñece as necesidades dos concellos e ten experiencia de xestión”.
Asegura que a súa coalición “achega solucións os problemas reais”. Unha das razóns da súa existencia é que “non nós sentimos representados polos grandes partidos políticos actuais e a súa forma de facer política”.
Espazo Común Galeguista está integrado por Espazo Común, o partido liderado polo aspirante á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, xunto con Compromiso por Galicia, Galicia Sempre, Unidade Local e Coalición Galega.