Nas pasadas eleccións autonómicas máis de 23.000 persoas acudiron a votar pero non o fixeron por ningún partido. 11.774 votaron en branco e o resto foron votos nulos. Neses comicios houbo un 51% de abstención.
O candidato de Escanos en Branco pola provincia da Coruña, Diego Troncoso, lembra que “teñen a posibilidade de votar a Escanos en Branco” que non é máis que “unha ferramenta para facer visible o voto en branco computable”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o candidato apelou á necesidade de que haxa unha democracia “onde se vexan reflexadas no arco parlamentario as persoas que votan en branco, nulo ou que non van a votar”.
Mellorar a democracia
Considera que na actualidade hai unha “anomalía democrática” e asegura que “se temos un representante o escano vai a quedar baleiro e verase reflexado ese voto en branco”.
Así quedará patente que hai “políticos que non merecen estar ocupando unha cadeira”. Escanos en Branco (Escaños en Blanco) xa o fixo nalgún concello.
A idea deste partido é facer “unha labor pedagóxica”. Entenden que “debemos mellorar a democracia, e que toda a poboación teña a súa representación no arco parlamentario”.