13.1 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

Compromiso do PP para dotar ao “Virxe da Xunqueira” dun Hospital de día oncolóxico

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expresou en Cee o compromiso do Partido Popular coa dotación dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, un obxectivo que figura de xeito expreso no programa electoral dos populares para as eleccións do 18 de febreiro.

O anuncio de García Comesaña

Acompañado polos candidatos Paula Mouzo Mas, Jesús Picallo e Sandra Vilela e por concelleiros da zona, García Comesaña asegurou que esta medida era un “empeño persoal” do presidente Alfonso Rueda pola mellora da atención aos pacientes con cancro que xa levou á Xunta a dotar este ano, nos seus orzamentos, unha partida de 1,5 millóns de euros para humanizar outros centros.

Segundo informou o conselleiro a posta en marcha dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira permitirá proporcionar boa parte dos tratamentos de quimioterapia en Cee, evitando centos de desprazamentos de pacientes a Coruña e mellorando a súa comodidade durante unha situación xa suficientemente complicada.

A limpeza da fachada «tamén a faremos»

O conselleiro de Sanidade referiuse á instalación do novo hospital de día oncolóxico como unha reforma “substancial” no hospital comarcal, “bastante máis importante que a limpeza da fachada, que tamén a faremos”, resaltou en resposta ás críticas do PSdeG hai uns días.

Comesaña lembrou a renovación nesta lexislatura de equipamento tecnolóxico no hospital ceense por valor de máis de 800.000 euros, incluíndo a instalación dun novo TAC, así como as obras actualmente en marcha de reforma das urxencias, que crean un circuíto específico para pacientes respiratorios e 5 novos boxes de illados, aprendendo da experiencia da pandemia da covid.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos