O candidato do PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, asegurou que o seu partido “ten sempre presente á Costa da Morte” e reiterou o seu compromiso de “rematar a autovía e de liberala da peaxe”.
Nunha entrevista en Radio Xallas, lembrou tamén que a primeira medida como presidente sería “inxectar un investimento importante na sanidade pública” e puxo como exemplo, sen saír da zona, “a situación da fachada do Hospital comarcal de Cee”.
Consciente de que falaba para unha audiencia onde o sector lácteo é fundamental Besteiro declarou: ”Aquí ten que pagarse o leite como se paga no resto de España”.
Entrevista a Gómez Besteiro en Radio Xallas
Proxecto industrial galego e refuxio climático
Recriminou ao PP que “non foi capaz de impulsar un proxecto industrial galego” e apelou “a dar o paso cara a transformación do leite” e aproveitar a condición de Galicia como “refuxio climático”.
Non lle da importancia as enquisas: ”Se lle fixera caso as enquisas Pedro Sánchez non estaba no goberno”.
Besteiro considera que é preciso un cambio xa que “Galicia pesa cada vez menos na economía de España e a o dereito as sanidade pública está en risco”.
Reivindica ao PSOE como a opción “de cambio serio e solvente con experiencia e boa conexión co goberno de España”