A candidata de Podemos a presidencia da Xunta de Galicia é a coruñesa Isabel Faraldo. Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas ensinou as credencias políticas da súa opción:
“Somos unha forza valente, convencida e transformadora. Dicimos o que os demais calan. Non somos politicamente correctos porque vimos solucionar problemas, non a sentarnos nun sillón”.

Sanidade pública, unha prioridade
Considera que é urxente “reverter os investimentos na sanidade pública” pero tamén adoptar medidas nos eidos da educación, a vivenda, a xustiza fiscal, a industria ou os sectores produtivos.
Sobre o goberno do PP, Isabel Faraldo opina que “o señor Rueda está facendo unha política continuísta de Fraga, políticas clientelares, dunha Galicia caciquil”.
Pensa que é necesario que Podemos entre no Parlamento de Galicia: “Boto en falta unha forza valente como Podemos que diga o que demais calan.
Considera un “erro” que outras forzas ignoren a Podemos porque representa “a esquerda que non acepta un recorte nin unha perda de dereitos” e que é “o proxecto mais decente do país”.

