16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Luísa Feijoo: “Sabemos de xestión e das necesidades dos concellos”

A candidata “número 1” pola provincia da Coruña de Espazo Común Galeguista, Luisa Feijoo, asegura que a súa formación aspira a converterse no “cuarto piar” da política autonómica como unha opción de “centro galeguista” xa que “somos un proxecto de futuro, vimos do municipalismo e sabemos de xestión e das necesidades dos concellos”.

Recortes do goberno, promesas da oposición

Nunha entrevista en Radio Xallas, valorou a xestión do PP “cun balance de recortes, cunha sanidade cada vez máis feble, problemas en educación con recortes en persoal. Non hai unha verdadeira política social”.

Pero tamén reprochou o papel da oposición:


“A oposición non pensa nos problema de Galicia. Tanto o BNG como o PSOE fan promesas e promesas. Hai que facer unha política para Galicia non pensando nos intereses ou que isto sirva de trampolín”.

Luisa Feijoo considera imprescindible “un plan de choque demográfico” con medidas transversais en materia fiscal, de vivenda ou de mellora das comunicacións de internet.

Apelou á necesidades dunha política de explotación do noso monte “cun aproveitamento forestal que teña en conta ós propietarios”.

Teresa Castro, candidata xalleira

A candidata Teresa Castro, veciña de Santa Comba que vai no sétimo posto, sinalou que unha característica de Espazo Común Galeguista e que tomarán en conta as peticións dos veciños e “imos a ser moi insistentes” coas súas demandas.

“En Santa Comba temos moitísimas necesidades e non se nos está escoitando” manifestou.

Na candidatura de Espazo Común Galeguista figura como número 4 o concelleiro de Mazaricos, Francisco Javier González Trillo e o exalcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha (22).

Escoita e entrevista desde o minuto 65

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos