O Centro Español de Lyss (Berna), xestionado por un xalleiro de Randufe(Javier) acolleu un animado encontro político organizado polo BNG.
No acto participaron o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez(orixinario de Corme), os xalleiros Xosé Abelenda (responsable do BNG na Suiza) e Xesús Gómez Antelo, o Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira e a eurodeputada Ana Miranda.
Os representantes políticos falaron de temas de fiscalidade ou sanitarios de interese da comunidade galega no exterior.
Houbo unha actuación do grupo Galiza Celta Delémont e organizouse unha visita a exposición Taxi Compostelle que pronto poderase visitar en Galicia.


