Ana Pontón visitou Radio Xallas
Detallazo da candidata á Presidencia da Xunta polo BNG. Este mediodía visitou as instalacións de Radio Xallas en Santa Comba onde foi entrevistada no programa “Na Encrucillada” por Xosé Manuel Lema.
Chegaba dunha visita a unha explotación en Asenso e dun encontro con gandeiros na Picota, no concello de Mazaricos e achegouse a emisora xalleira.
Desde os micrófonos verdes de Radio Xallas pediu o apoio polo feita de estar “ante unhas eleccións históricas nas que podemos poñer en marcha un gran cambio neste país”.
Entrevista a Ana Pontón en Radio Xallas
Prioridades do BNG
Ana Pontón avoga por axudar as familiar “nesta crise de prezos” e anunciou “o curso escolar máis barato dos últimos quince anos coa gratuidade dos libros de texto”.
Outra prioridade é o “cambio de modelo enerxético” coa creación “dunha compañía pública que xestione a electricidade no país” e parar “o boom eólico depredador”.
Tamén defende “unha política de discriminación positiva no rural”, duplicando o Servizo de Axuda no Fogar, ampliando o Xantar na Casa e “incrementando a superficie agraria útil, mobilizando terras improdutivas e reactivando o Banco de Terras”.
Promover unha administración máis áxil e reforzar a Atención Primaria son outras prioridades para o BNG: ”Levamos quince anos cun goberno que recurtou en Atención Primaria máis de dous mil millóns de euros, e unha das primeiras medidas como Presidenta será un plan de rescate da Atención Primaria dotado con 200 millóns de euros”.

Ana Pontón: «Hai unhas ganas de cambio imparable»
Pontón ten claro que hai “unhas ganas de cambio imparable” e a alternativa ao PP é o BNG:
“Nestas eleccións decidimos se queremos un Presidente do PP ou unha Presidenta do BNG”
A candidata nacionalista está segura que “vai haber moitísimas persoas que nunca colleron a papeleta do BNG e faranno por primeira vez”.
Reivindica unha campaña ao “estilo galego” xa que “non merecemos que nos trasladen aquí as liortas madrileñas. O PP quere derivar o debate ó que pasa en Madrid. Non queren que falemos de Galiza”

