De “Galicia non para” a “Galicia que funciona”. Este último será o lema de campaña do Partido Popular de Galicia segundo avanzou a secretaria xeral do partido, Paula Prado.
“Temos ideas e proxectos para facer que Galicia funcione e cada día sexa mellor. Estamos convencidos que os galegos volverán a confiar e nós”, sinalou Prado, defendendo unha acción política “ que non levante muros entre a súa xente” e poder “seguir fancedo sempre as cousas ao estilo de Galicia”.
Manifesto de alcaldes
Por outra banda, o presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, acompañado por alcaldes da provincia asinaron un manifesto ”pola igualdade de todos os españois”.
No texto critican as “decisións inxustas e arbitrarias” do PSOE para “lograr os votos independentistas que garanticen a súa continuidade no goberno”.
Refírense a Lei de Amnistía e “o resto de privilexios que se están tramitando nas Cortes” e expresan a súa preocupación “pola alteración das reglas de xogo democráticas”.
Reiteran o seu compromiso da defensa da Constitución, a oposición a “extorsión do independentismo” e entre outras cousas reclaman “ que non exista terrorismo bo, e que todo acto terrorista sexa investigado e condenado”.