«A provincia da Coruña non pode fallar a Alfonso Rueda e non vai fallar» manifestou o presidente provincial do PP, Diego Calvo, na xunta directiva celebrada este mércores.
Animou os representantes do partido na provincia a mobilizar as bases e traballar duro:
«O presidente Rueda merece que a provincia da Coruña responda como sempre respondeu: gañando eleccións e facéndoo presidente. Aquí non nos conformamos con menos de 14 deputados».
“Está en xogo o futuro de Galicia”
Para Calvo o 18-F “está en xogo o futuro de Galicia tal e como a coñecemos nos últimos 16 anos».
Nesta xuntanza estivo presente , o presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, que chamou os seus dirixentes a non dar nada por gañado e obter unha maioría suficiente porque está en xogo o futuro de Galicia.
Acompañado por gran parte dos candidatos da provincia, encabezados polo presidente provincial do partido, Diego Calvo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder dos populares galegos insistiu na necesidade de que a cidadanía conte cun goberno estable, moderado e con sentidiño como o que el e a súa candidatura ofrecen e fronte a un multipartito rendido ao extremismo.