9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Rubén Lorenzo e Paula Mouzo en postos de saída para o 18-F

O Partido Popular conta con dous veciños da bisbarra en postos de saída. O carballés Rubén Lorenzo ocupa o posto 13 da candidatura que lidera Diego Calvo. E a camariñana Paula Mouzo vai no 14.


Nas últimas eleccións autonómicas o PP acadou 14 deputados na provincia, fronte a 7 do BNG e 4 do Partido Socialista.

Rubén Lorenzo Gómez, que é portavoz municipal en Carballo, exerceu como deputado durante a pasada lexislatura. Agora pasa do posto 16 ao posto 13.


Uns catro meses estivo de parlamentaria a camariñana Paula Mouzo Mas. É portavoz en Camariñas. O seu traballo debeu convencer á dirección popular xa que de ir na posición 23 sube agora a 14.

Máis representantes da Costa da Morte


A Costa da Morte leva máis representantes na candidatura que encabeza Diego Calvo. O ceense Jesús Picallo é o número 21 e o larachés Daniel Remuiñán o 22. Pecha a candidatura a portavoz en Muxía, Sandra Vilela Riveiro (24) que neste mandato chegou a ser parlamentaria.
Logo da renuncia do compostelá Miguel Teira (15) todos os seguintes ascenden un posto.


Entre as suplentes tamén está Noelia Santos Pose, de Zas, que formou parte da candidatura municipal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos