O Partido Popular da Coruña fixo pública a súa candidatura para as eleccións do 18 de febreiro. “Temos un auténtico equipazo” sinalou o presidente provincial e “número 1” da candidatura Diego Calvo Pouso.
“Os galegos merecen vivir afastados da división, dos problemas e do esperpento no que se ten convertido España nas últimas semanas”, afirmou Calvo, quen incidiu en que, agora máis que nunca, Galicia gañouse ter un goberno “serio, estable e que goberne para todos” como o que representa Alfonso Rueda.
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, será a número dous dunha lista composta tamén por rostros coñecidos do goberno autonómico de Alfonso Rueda como Ánxeles Vázquez, Ethel Vázquez, Fabiola García, Miguel Corgos, María Jesús Lorenzana, Martina Aneiros e Borja Verea.
O delegado da Xunta Gonzalo Trenor ocupa o posto 10 e o parlamentario carballés, Rubén Lorenzo, no 13.
A portavoz do Partido Popular de Camariñas, percebeira e deputada durante os últimos meses de mandato, Paula Mouzo Mas, vai no posto 14.
Os populares afrontan a cita do próximo 18 de febreiro co convencemento de repetir as 14 actas logradas no ano 2020 e contribuir así á primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda na Xunta de Galicia
1. Diego Calvo Pouso
2. Paula Prado
3. Ánxeles Vázquez
4. Martina Aneiros
5. Borja Verea
6. Ethel Vázquez
7. Fabiola García
8. Miguel Corgos
9. María Jesús Lorenzana
10. Gonzalo Trenor
11. Roberto Rodríguez
12. Carmen Pomar
13. Rubén Lorenzo
14. Paula Mouzo
15. Luis Teira
16. Cecilia Vázquez
17. Ángel Rodríguez
18. Pablo Prieto
19. Jesús María Fernández
20. María Magdalena Pérez
21. Nazareth Cendán
22. Jesús Picallo
23. Daniel A. Remuiñal
24. David Neira
25. Sandra Vilela
Suplente 1 María José Carreira
Suplente 2 Rogelio Lema
Suplente 3 Noelia Santos
Suplente 4 Fernando Vilaboy