A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o portavoz nacional de ANOVA, Martiño Noriega, asinaron o acordo de colaboración entre ambas organizacións de cara ás vindeiras eleccións galegas do 18F.
Cada vez está máis preto. O próximo 18 de febreiro poremos en marcha #AMellorGaliza! 💙pic.twitter.com/JJ6Zt2c6gu
— Ana Pontón (@anaponton) January 14, 2024
Ana Pontón:»O 18 de febreiro poremos en marcha a Mellor Galiza»
Un movemento que definen como “un acto de responsabilidade” co obxectivo de facilitar un “cambio político”.
Ana Pontón e Xosé Manuel Beiras
Tamén estaba alí Xosé Manuel Beiras, con todo o que isto ten de simbolismo histórico de de anos de distanciamento entre o BNG e o histórico político e referente de ANOVA.
“Estamos nun momento histórico no que o cambio é máis posible que nunca e sabemos que a clave pasa por unir arredor do BNG todo ese voto de cambio, porque é a maneira de derrotar ao PP nas urnas” explicou Ana Pontón agradecendo a decisión de ANOVA.
Pola súa banda, Martiño Noriega explicou a postura do partido:“Estamos a facer o que a xente nos pedía que fixeramos”. Para Noriega “é moi importante que a partir do 18F teñamos unha presidenta á fronte das institucións, para dignificalas e poñelas ao servizo da xente e non contra a xente, para impulsar políticas que transformen a realidade do día a día”.
Este foi o acordo asinado