Espazo Común Galeguista segue sumando apoios para as eleccións autonómicas. Despois da coalición con Unidade Local e do apoio de Galicia Sempre e Coalición Galega este venres chegaba o de Compromiso por Galicia.
“Unha gran coalición de centro galeguista”
O líder de Espazo Común, Pachi Vázquez, puxo en valor esta “gran coalición de centro galeguista” destacando o entendemento conseguido:
“Fomos capaces de unir 6 formacións íntegramente galegas, o que significa acadar consensos. Non descartamos seguir sumando nos vindeiros días compañeiros e compañeiras de viaxe, cas luces largas postas, sementando para o futuro” Con esta coalición buscamos equilibrar ás grandes forzas políticas que ven en Galicia un punto de paso hacia outros obxectivos”.
Galeguismo “con carácter europeista e integrador”
Pola súa banda o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, lembrou que CxG “vimos defendendo dende o noso nacemento un entendemento entre todas as forzas galeguistas de centro, sen extremismos”.
Piñeiro pensa que “Espazo Común Galeguista é o mellor para representarnos” e rubricou o seu apoio:” Sumámonos a este proxecto aportando traballo, a nosa representación municipal , cun obxectivo común de sementar unha iniciativa política que ten que ir enraizando porque é unha necesidade do país”.
Unha alternativa ós partidos maioritarios sinalou Piñeiro: ”Hai que facer ver que hai mais opcións que os 2 grandes partidos e un partido nacionalista, que hai outras opcións que teñen capacidade de decisión no pais preocupándonos polos nosos problemas pero con un carácter europeista e con corte integrador”.