12.5 C
Santa Comba
domingo, mayo 11, 2025

Alfonso Rueda ofrece “estabilidade” fronte ó “barullo”

Alfonso Rueda ofrece estabilidade e certezas fronte a unha alternativa de diferentes partidos: «Aos que viven do barullo e da demagoxia, demostrémoslles que nós somos os máis galegos porque somos xente comprometida no que cremos: o sentidiño, a verdade, as certezas, a confianza e a estabilidade. Porque somos cada vez máis galegos os que queremos que o próximo 18 de febreiro gañe Galicia”.

Unha campaña centrada en Galicia

No acto de proclamación como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Rueda anunciou unha campaña en positivo e centrada en Galicia “afastada da descualificación, da tensión, da crispación, de levantar muros e de falar mal de Galicia» prometendo unha campaña “centrada en Galicia e que fala de Galicia».


En Santiago de Compostela, diante de 1.500 persoas, tomou a palabra despois do provincia, o presidente local do PP de Santiago de Compostela, Borja Verea; da presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira; da alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa; e do alcalde da Estrada, José López Campos.

“Galicia é dos galegos”

Na súa intervención relatou “algúns dos incumprimentos do Goberno central con Galicia” como son a negativa a crear cinco xulgados específicos de violencia de xénero, a histórica subida das peaxes das autoestradas estatais ou mala xestión dos fondos Next Generation.
«Quero unha Galicia que non sexa unha do independentismo, nin un trofeo para Pedro Sánchez, nin unha multipropiedade a repartir entre partidos. Galicia é dos galegos de hoxe e quero que sexa tamén dos galegos libres do mañá» manifestou.

Feitos en Galicia

Tamén falou da súa xestión no goberno autonómico, asegurando que quería que Galicia que siga sendo o que é: “a comunidade na que menos medrou a débeda, a única na que a educación infantil é gratuíta, a que ten o calendario de vacinación máis completo do mundo, a que conxela as súas peaxes, a que fomenta a actividade deportiva, a que coida aos seus dependentes, a que ofrece estabilidade aos seus investigadores, a que acolle cos brazos abertos aos retornados, a que aposta polas enerxías renovables”.


Pero tamén a Galicia “que amplía o seu parque de vivenda pública, a que ten as universidades máis baratas e a FP máis potenciada, a que bate récords de turismo, a que aposta polo rural e o sector primario, a que apoia aos autónomos e ás vítimas de violencia de xénero e a que ten unha das mellores sanidades públicas de toda España”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos