10.3 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Espazo Común Galeguista oficializou a súa participación electoral

Espazo Común Galeguista oficializou a súa participación electoral

Espazo Común Galeguista rexistrouse como coalición na Xunta Electoral de Galicia. O partido liderado polo líder de Espazo Común e ex-secretario do PsdeG, Pachi Vázquez, coaligouse con Unidade Local.

No acto de presentación, Pachi Vázquez, estivo acompañado por Luisa Feijóo e Francisco Javier González Trillo, membros de Espazo Común e concelleiros en Ames e Mazaricos e polo secretario xeral de Unidade Local, José Juan Santos.

Xa teñen pechadas as candidaturas en A Coruña, Lugo e Ourense e agardan concorrer tamén en Pontevedra.

Centro esquerda galeguista

Desde Espazo Común Galeguista lanzan a seguinte mensaxe:

“Agora é tempo de sementar; de poñer esa semente que sexa o xérmolo dun novo espazo, unha nova política , un centro esquerda que defenda estrictamente os intereses do noso pais para que tódalas persoas que pensen coma nós , que Galicia ten que ser o primeiro, teña a ben votarnos”.

Pretenden ocupar “ un espazo actualmente desatendido en Galicia” como é o centro socialdemócrata e galeguista e lembran a súa experiencia no municipalismo con representación en 22 concellos de tres provincias galegas.

Aseguran estar en contacto “con otros pequenos grupos cos que comparten ideoloxía e forma de ver a política” e convidan a unirse a otras formacións que o desexen.

Nun comunicado de prensa engaden:

“ O noso é unha carreira de fondo, non nos preocupan tanto os resultados inmediatos, somos persoas cas ideas moi claras, con moita ilusión e gañas de cambiar o que xa existe, con vocación de servizo público e as que nos gusta a política, a política de verdade, con maísculas, a que sirve para axudar e mellorar a vida dos galegos e galegas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos