O coordinador de Podemos Galicia, Borja San Ramón, reaccionaba así ao resultado da consulta, onde as bases de Podemos Galicia rexeitan presentarse as eleccións autonómicas con Sumar de Yolanda Díaz.
“O pobo é quen máis ordena. A consulta apoiada por 2513 inscritas decidiu presentarse en coalición con Alianza Verde estas eleccións galegas, coa lista máis votada encabezada por Isabel Faraldo. Toca ser consecuentes e seguir a folla de ruta que nos marca a nosa militancia”.
O 62,36% dos participantes rexeitaron esta fórmula de alianza e o 34,66% votou a favor.
Tamén se impuso a proposta liderada por Isabel Faraldo (Transformar Galicia) por 41,66% a 34,66%.
Resultados Consulta Podemos Galicia
RESULTADOS PRIMARIAS PODEMOS GALICIA
A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra destacou que as persoas inscritas decidiron que Podemos estea presente nas eleccións autonómicas e valorou a Faraldo como “a mellor candidata”.
Pola súa banda, Isabel Faraldo sinalou agradeceu a confianza recibida e dixo:”“Asumo esta responsabilidade con todas as fortalezas de Podemos: somos as que non calan!!”