«A nosa comisión promotora vén de validar os preacordos políticos con Podemos Galicia e Esquerda Unida, que terán que ser ratificados a través dos seus procesos internos para concorrer xuntos ás eleccións baixo o espacio político unitario de Sumar Galicia”.
Este foi o anuncio que fixo o portavoz de Sumar, Paulo Carlos López, no acto de presentación de Marta Lois como candidata á Presidencia da Xunta de Galicia.
«Chegou o momento de cambiar a Xunta»
Estivo arroupada por Yolanda Díaz que insistiu en poñer en valor a importancia de Sumar para o cambio político en Galicia: «Chegou o momento de cambiar a Xunta de Galicia.Sumar é a clave para derrotar ao PP e para a mobilización dos progresistas do noso país.Sumar non toma estas eleccións como un trámite. Imos con todo. Imos gañar para cambiar a vida da xente do noso país.»
Marta Lois anunciou ventos de cambio en Galicia: «Rematou o tempo do PP.Rueda está nervioso. E volvo insistir en que o seu amigo que este verán xa se vía na Moncloa aínda non asimilou que comparte oposición con Abascal. Dígolle ao señor Rueda que a soberbia non é boa compañía.»
