Tatiana Rellán, Fátima Rodríguez, Carolina Castiñeiras e Cristina Vázquez serán as candidatas do BNG as alcaldías de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, A Laracha e Laxe nas vindeiras eleccións municipais de 2027.
«Catro mulleres, catro excelentes candidatas e catro futuras alcaldesas» sinalou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no acto de presentación que tivo lugar en Canduas- Cabana.
O BNG aspira a a estender o modelo municipal de éxito de Carballo por todos os concellos de Bergantiños. «O BNG está no seu mellor momento, máis forte que nunca, pero non nos conformamos, queremos máis porque Galiza merece máis e porque a Galiza en grande que merecemos constrúese tamén desde os concellos e, por iso, precisamos máis BNG nos concellos de Bergantiños e de todo o País» declarou Ana Pontón neste acto.
A líder nacionalista augurou que o Bloque será a forza política que máis medre nas municipais do próximo 23M e, para conseguilo, apelou á interlocución directa coa cidadanía “coa man tendida e cun sorriso na boca”.



