O Xallas feminino segue dando boa imaxe. A poucos días da estrea na liga contra o Muxía, as pupilas de Eloy García Feteira xogaban a Copa Deputación. Chegaban a final, caendo derrotadas por 2-0 fronte a un rival de categoría superior, o San Pedro de Oleiros.

Vitoria nas semifinais con hat-trick de Claudia Espasandín
A mediodía, o Xallas feminino superou por 4 a 2 ao San Xoán de Calo con hat-trick de Claudia Espasandín e un gol de María. Adiantáronse as verdinegras por medio de Claudia cun gol tempraneiro, pero as rivais conseguiron remontar.
Non se rendiron as xalleiras e chegou o empate por medo de María Rial, que culminou un pase de Claudia Espasandín. A propia Espasandín marcaría o terceiro, froito dunha asistencia de Oli. E completaría o hat-trick mediante unha xogada individual.
Hai uns días Eloy García e Luchy falaban en Radio Xallas desta nova tempada.



[…] O Xallas feminino, finalista da Copa Deputación 2026 […]