Alberto Meira gaña o Rallyshow das Pontes ante 12.000 espectadores

O piloto Alberto Meira proclamouse este domingo gañador do Rallyshow das Pontes, a proba central da Festa do Motor organizada pola Deputación da Coruña, que congregou ao longo da xornada a máis de 12.000 persoas no circuíto pontés.

A cita reuniu máis de trinta pilotos inscritos. Desde primeira hora, moito antes do inicio das mangas oficiais, centos de afeccionados agardaban nos accesos e as bancadas foron enchéndose ata rexistrar unha imaxe multitudinaria, con familias e seguidores chegados de distintos puntos de Galicia.

Durante a mañá exhibíronse sobre o trazado Stig Blomqvist, Miki Biasion e Petter Solberg, tres pilotos vinculados á historia do Mundial de Rallyes. Xunto a eles participou o coruñés Luis Moya, bicampión do mundo como copiloto de Carlos Sainz e padriño da cita.

A competición arrancou cos adestramentos libres e a manga clasificatoria e continuou pola tarde coas eliminatorias de oitavos e cuartos de final, as semifinais e a Gran Final. Nela, Meira logrou a vitoria aos mandos dun Skoda Fabia R5. O segundo posto foi para o dumbriés Manuel Senra, cun Hyundai i20 WRC, e o terceiro para Jorge Pérez, cun Porsche 911 GT3.

Na entrega de trofeos participaron o presidente da Deputación e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o deputado portavoz do goberno provincial, Bernardo Fernández, e a concelleira de Deportes das Pontes, Elena López.

Entre manga e manga, as exhibicións e os drifts mantiveron a actividade sobre a pista. Fóra dela, a Fan Zone foi un dos espazos máis concorridos, con longas filas de seguidores que se fotografaron cos pilotos e recolleron autógrafos. O programa incluíu tamén un circuíto de educación viaria infantil e unha zona de restauración.

A xornada pechouse coa actuación da cantante Sés.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos