Definidos os cruces da Copa Deputación masculina e feminina de fútbol

A Deputación da Coruña celebrou este venres no Pazo Provincial o sorteo dos emparellamentos das fases finais da XXXIV Copa Deputación masculina e da VII Copa Deputación feminina de fútbol afeccionado. A competición masculina disputarase o sábado 1 de agosto en Miño, mentres que a feminina terá lugar a primeira fin de semana de setembro en Pontedeume.

Copa Deputación masculina

No torneo masculino competirán o Muxía CF, a SD Negreira, o San Tirso SD e a SD O Val de Narón. As semifinais enfrontarán ao San Tirso SD coa SD Negreira, ás 10.30 horas, e ao Muxía CF coa SD O Val de Narón, ás 12.30 horas. A final disputarase na tarde da mesma xornada.

Copa Deputación feminina

Na categoría feminina participarán a SR San Xoán de Calo, o Atlético San Pedro, o Xallas FC e a SD O Val de Narón. Os cruces de semifinais medirán ao Atlético San Pedro coa SD O Val de Narón, ás 10.30 horas, e ao Xallas FC coa SR San Xoán de Calo, ás 12.30 horas. A final celebrarase tamén na mesma xornada en Pontedeume.

A Copa Deputación reúne aos equipos campións das copas oficiais organizadas pola Real Federación Galega de Fútbol nas delegacións da Coruña, Costa, Ferrol e Sar. No caso da categoría masculina, o equipo vencedor obterá unha praza na Supercopa Deputación, na que participarán os campións provinciais de Galicia, e tamén para disputar a fase previa da Copa do Rei.

A Deputación da Coruña destina 24.000 euros en premios nesta edición. Os equipos campións recibirán 5.000 euros, os subcampións 4.000 e os catro semifinalistas percibirán 1.500 euros cada un. As convocatorias serán de ata 25 xogadores ou xogadoras por equipo e permitirán realizar cambios ilimitados para facilitar a disputa de toda a competición nunha única xornada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos